viernes, 20 de noviembre de 2015

Sesión 5

Clase de Xeografía e Historia

Hoxe seguimos investigando sobre a empresa escollida (Pansogal), e os chamamos por teléfono para pedir unha entrevista con eles, pero ante a negativa da empresa, acordamos chamar á nosa segunda opción, Galisol, que tampouco nos deu o "si" pero non pechou a porta da nosa visita. Recorreron a que non eran a empresa máis adecuada para o traballo xa que só instalan as infraestruturas, non as fabrican. Con todo, dixeronnos que lles enviáramos o formulario da entrevista para confirmalo, por iso o mandaremos mañá.


Clase de Galego

Hoxe, como non recibimos a aceptación das empresas Galisol e Pansogal para levar a cabo a visita, escribimos outro correo para a empresa Teixugo, que agardamos colabore connosco. Aproveitamos ben o tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario