viernes, 20 de noviembre de 2015

CORREO PARA OUTRAS EMPRESAS

Como as empresas Galisol e Pansogal non estaban dispostas a colaborar con nós no noso proxecto, imos enviar correos a outras empresas para ver se estas nos aceptan:



CARTA PARA TEIXUGO


Bos días, empresa Teixugo:


Somos un grupo de catro alumnos e alumnas de 3º ESO do colexio Salesianos de Vigo.

Para as asignaturas de Ciencias Sociais e Galego, estamos a elaborar un proxecto que consiste en que debemos realizar unha visita a unha empresa que realice algunha acción para o mantemento do medio ambiente, facerlles unhas preguntas e a partir destas elaborar unha reportaxe.

Cremos que a súa sería unha boa empresa, xa que educades ás persoas sobre o mantemento do ambiente e levades a cabo outras actividades para contribuír á conservación do medio ambiente.

Por iso pareceríanos interesante centrar a vosa empresa no proxecto, gustaríanos que colaborarades connosco establecendo un día de visita.


Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha rápida resposta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario