jueves, 8 de junio de 2017

Tarefa UD3: Timeline España século XX

Deixei a fotografía de A liberdade guiando o pobo porque se a borraba as celdas cambiaban de tamaño.


viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de Aprendizaxe: España en libros

Durante estes días fixemos unha tarefa cooperativa consistente en elaborar un vídeo a partires dun texto sobre a España no século XIX. No noso caso recibimos un texto do libro "Vivan las caenas" que contaba o regreso a España de Fernando VII e con el o retorno do absolutismo.

Grazas a este traballo agora sei que aínda que o rei Fernando VII converteu España nun país moi absolutista, moito máis do que era co mandato de José Bonaparte, foi recibido con grandes celebracións e festexos, feito que me estrañou bastante.

Tamén me serviu para aprender que o rei Fernando, nun momento determinado,aceptou a vixencia da Pepa, aínda que fora tan absolutista. Non sabía que enviara un poderoso exército para tratar de conservar as colonias, nin que as campañas de San Juan e Simón Bolívar decantaran a balanza cara o lado independentista. Outro aspecto novo que aprendín foi que o levantamento de Del Riego se produciu cando estaba ao mando deste exército nas Cabezas de San Juan. Tampouco coñecía como foi o avance dos Cen Mil Fillos de San Luís, que puxo fin ao Trienio Liberal en España.

Aprendín tamén que Carlos IV, pai de Fernando VII, quixo voltar a España dende o seu exilio en Roma e que este permiso lle foi denegado, ademais de que Godoy tiña unha moi boa relación con Carlos.

Outros apartados nos que mellorei facendo este traballo foron a edición de vídeos con Movie Maker e tamén a paciencia ante o estrés de teren que rematar o vídeo contrarreloxo. 

Tarefa integrada UD 3 (España en libros)

viernes, 25 de noviembre de 2016

Sesión 2

Na sesión de hoxe o meu traballo foi moi bo: estiven aportando e aceptando propostas sobre os acontecementos relativos ao ciclo revolucionario de 1830 e anotándoas no ordenador. Busquei a información nas fontes máis fiables que atopei e no libro. Aínda así non tivemos tempo a rematalo. Xa na casa a páxina web non me deixou subir o documento como un Timeline, polo que só subín o cadro.

O ciclo revolucionario de 1830 (Timeline)

Aquí está o noso Timeline sobre o ciclo revolucionario de 1830. 

viernes, 18 de noviembre de 2016

Páxinas e recursos da Web fiables

Na clase de hoxe, buscamos información sobre os acontecementos relativos á Revolución Francesa de 1830. A páxina máis importante que empregamos foi