viernes, 30 de octubre de 2015

Ideas para o proxecto

  • Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
  •  Queremos que a nosa reportaxe se asemelle ao programa de Cuatro Callejeros, con entrevistas que se o permiten serán os traballadores/as e os/as principais responsables da empresa.
  • Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
  • En primeiro lugar, temos que informarnos máis a fondo sobre a empresa, despois contactaremos con ela e acordaremos un día para visitalos. Cando chegue o día, visitaremos as instalacións e levaremos a cabo a reportaxe. Por último, montaremos un vídeo final coas entrevistas.
  • Que contidos/temas podemos abordar coa reportaxe? 
  •  Poderemos saber como funciona a empresa no seu día a día e como contribúe a coidar o medio ambiente.
  • Outros aspectos a ter en conta.  
  • Probablemente teremos a dificultade de que non nos permitan gravar dentro das súas instalacións ou só nos deixen sacar fotos, pero agardamos que colaboren connosco e entendan o noso traballo.

jueves, 29 de octubre de 2015

Sesión 2

 Clase de Xeografía e Historia

Nesta sesión puxemos en común ideas para o proxecto. O traballo en equipo foi bo e aproveitamos moi ben o tempo, non nos distraxemos. Penso que vamos elaborar un bo proxecto co formato de Callejeros e agardo que a empresa seleccionada colabore con nós.


Clase de Galego

Durante a sesión de hoxe, rematamos as tarefas que comezamos o xoves. O aproveitamento do tempo non foi moi bo, pero como na anterior sesión traballamos ben, conseguimos rematar as tarefas a tempo.
  

viernes, 23 de octubre de 2015

Sesión 1

Durante a sesión de hoxe atopei varios exemplos de empresas que traballan en Vigo que respectan o ambiente. Ao principio da clase estaba un pouco perdido sen saber moi ben se as páxinas que consultaba eran fiables, pero a medida que fun atopando máis e visitando as súas páxinas web souben que estaba a facer un bo traballo. Aínda así, debido sobre todo ao ruído que existía na sala que me impedía concertrarme tiven que rematar as tarefas na casa.

Aprendín que non moitas empresas traballan polo coidado do medio ambiente, xa que non me foron sinxelas de atopar.

Empresas en Vigo



NOME DA EMPRESA
SECTOR ECONÓMICO
CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
Terrae
Sector servizos
Supermercado que vende todo tipo de produtos de alimentación, cosmética e hixiene ecolóxicos
Venezuela, 76 baixo
Tlf: 986 11 55 50
Mail: terraeorganica@gmail.com
Antega
Sector servizos
Consultas medioambientais: estado da fauna, vexetación, vertederos…
Avda. Hispanidade, 55, 1ºA
Tlf: 986 42 56 44
Ecoplanning S. L.
Sector servizos
O seu obxectivo é deseñar e construír plantas de fabricación ecolóxicas
México, 3 baixo
info@ecoplanning.fi
Galisol
Sector secundario e de servizos (fabricación e mercado)
Adícase a fabricar máquinas que se van a usar para obter enerxía renovable e limpa
Cesáreo González, 23,
Tlf: 986 41 65 52
Mail: galisol@galisol.com
Pansogal
Sector secundario e de servizos (fabricación e mercado)
Deseña, instala e mantén todo tipo de instalacións relacionadas coas enerxías renovables. Tamén respecta o medio utilizando aeroxeradores e paneis solares para abastecerse de auga, luz e calefacción
Gran Vía, 52 baixo
Tlf: 981 61 11 11
Mail: pansogal@pansogal.com

viernes, 16 de octubre de 2015

Anti Spot - Shell

Bos días. Hoxe subo a miña primeira entrada do blogue, un anti-spot no que se pretende presentar un produto ou empresa tal e como é, neste caso a petroleira Shell. Seguide léndonos!!!




 

Saúdo de benvida

Ola a todos e todas!!! Chámome Miguel e este vai ser o meu blogue durante este curso para a asignatura de Xeografía e Historia. Agardo que vos guste. Ata pronto!!!