jueves, 26 de noviembre de 2015

Modelo de entrevista

Aínda non temos a confirmación da data da entrevista, estamos a falar coas empresas Teixugo e Pansogal. Aquí temos as preguntas que lles faremos cando visitemos as súas instalacións, ademais doutras que se nos vaian ocorrendo ao longo da visita:


  • Cando se fundou a empresa? Quen a fundou?
  • Por que tivechedes a idea de crear unha entidade que coidara o medio natural?
  • Cal é o voso principal obxectivo?
  • En que lugares operades?
  • Cantos traballadores posuídes?
  • Cales son os principais servizos que levades a cabo? A quen van dirixidos?
  • Que proxectos tedes activos actualmente?
  • Que contribuición realizades para a conservación do medio ambiente?
  • De onde proceden a maior parte dos vosos beneficios?
  • Que formación levaron a cabo os vosos traballadores?
  • Que situación económica atravesa a empresa na actualidade?
  • Como evolucionou a empresa dende a súa creación (número de traballadores, actividade...)?
  • Existe algunha razón para que o local da empresa se sitúe aquí?
  • Realizades algún tipo de publicidade para incrementar os vosos beneficios? Onde?
  • Estabilidade laboral dos traballadores (salario, contratos...)? Credes que é xusto o seu salario?
  • Como se relaciona a empresa cos seus traballadores?
  • Como cre que será o futuro do sector?
  • Cal é o maior reto ao que vos enfrontades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario