viernes, 27 de mayo de 2016

As nosas preguntas corrixidas

Hoxe subimos as nosas 20 preguntas xa corrixidas. Tivemos un problema co Scribd que desordea algunhas imaxes e texto...

jueves, 26 de mayo de 2016

Diario de Sesións: Sesión 3

Hoxe corriximos as preguntas que elaboraramos e escollemos as mellores para o xogo (fixemos de máis). Raúl buscou os documentos xeográficos para as súas porque non puidera buscalos antes e Miguel e André foron corrixindo as demais e escribindo algunhas novas. Antía, que non veu, non fixo as preguntas que se lle asignaran na clase anterior. Acordamos que cada un ía corrixir algunhas das preguntas da outra clase.

jueves, 19 de mayo de 2016

Diario de aprendizaxe: Sesión 2

Hoxe aprendín a formular preguntas empregando documentos xeográficos e algúns datos sobre a poboación activa por sectores económicos de algúns países de África, así como que todos os países do continente pertencen á UA excepto Marrocos.

Diario de Sesións: Sesión 2

Hoxe seguimos elaborando o noso xogo en Scratch. Raúl seguiu configurando o programa para poder facer un xogo de preguntas tipo test con tres opcións, Miguel e André empezamos a elaborar preguntas sobre a poboación activa empregada por sectores económicos e outras máis xerais. Antía comezou axudándonos pero logo empezou a escribir as preguntas sobre as definicións de indicadores económicos. Acordamos que cada quen fixera na casa as máximas preguntas posibles porque temos que telo rematado para a semana que vén. Todos traballamos.

Diario de aprendizaxe: Sesión 1

Hoxe, como tiñamos que organizarmos para comezar a traballar, non aprendín moitos conceptos novos. Aprendín un pouco a usar Scratch observando o que facía Raúl e tamén aprendín un pouco botándolles unha ollada aos traballos dos países de África do grupo da outra clase.

Diario de sesións: Sesión 1

Hoxe comezamos a elaborar o xogo con preguntas sobre África. Decidimos que o vamos facer empregando a plataforma Scratch, xa que nos permitía gran variedade de deseños. Como Raúl era o que máis controlaba este programa, decidimos que sería el o que comezaría configurando o xogo mentres que os demais comezabamos a investigar sobre as preguntas e repartiamos os cargos de cada membro do grupo. O traballo foi bo. 

Plan de Equipo

IDEAS:
-Elaborar un xogo de preguntas e respostas na plataforma virtual Scratch.

ORGANIZACIÓN:
-Cinco preguntas de cada país que traballamos no grupo.
-20 preguntas sobre os países da outra clase e de África en xeral

DESEÑO:
-Xogo dixital tipo test.
-Tres opcións por pregunta


Cordinación:

- Coordinador: Raúl
- Ayudante: André A.
- Motivador: Miguel
- Mediadora: Antía