jueves, 28 de enero de 2016

Exposición do proxecto

Neste proxecto visitamos a empresa de limpeza e mantemento Samyl, que despois de semanas buscando empresas que coidaran o medio natural e quixeran colaborar connosco nos dixeron que podiamos visitalos. Buscaramos xa moita información de Galisol e Pansogal e xa tiñamos elaborado o texto cos datos da investigación sobre elas, pero finalmente non acadamos visitalos porque uns estaban moi ocupados e outros nos dixeron que crían que non eran a empresa máis adecuada.

Entre as tarefas que levei a cabo do noso proxecto están unha parte da investigación, o contacto coa empresa Samyl, unha parte da voz da vídeo reportaxe e gran parte da redacción da reportaxe escrita. Xunto aos meus compañeiros tamén elaborei documentos gráficos sobre a empresa que incluímos nas reportaxes.

Na visita á empresa, fomos atendidos por unha muller moi amabél e disposta a axudarnos. Respostou ás empresas o mellor que puido aínda que non tivo resposta para todas, xa que non é a directora senón a encargada principal da empresa en Vigo. O tempo que tardamos en atopar unha empresa que se axustara ao proxecto pagou a pena ao final.

O traballo en equipo no noso grupo foi bo durante todo o trimestre. Aínda que en algunhas sesións no cole alguén se despistaba un pouco no traballo, todas as veces que quedamos para traballar fóra do aula traballamos moi ben e en equipo. Reunímonos todos xuntos e ninguén se escaqueou en ningún momento. Ademais, non houbo ningunha discusión, coma adoita haber nos grupos cooperativos.

Durante o proxecto aprendían a falar por teléfono con persoas descoñecidas sen ter vergoña e a pensar rapidamente o que tiña que dicir cando me contaban algo que non esperaba. Tamén aprendín a elaborar documentos propios e un pouco de edición de vídeo.

O máis difícil que atopamos no proxecto foi poder contactar cunha empresa que quixera colaborar connosco e que cumprira os requisitos mínimos. Tampouco foi doado editar o vídeo de xeito que as imaxes se corresponderan coa voz, xa que sempre que o intentabamos moviamos sen querer o audio e tiñamos que volver a empezar.

O máis fácil foi o traballo en grupo, xa que non houbo discusións nin broncas.

Se tivese que repetir o proxecto propoñería que xa nos deron a empresa sobre a que elaboralo para non perder tanto tempo en atopala.

Non cambiaría que teñamos que levar a cabo dúas reportaxes (escrita e oral), xa que así perdemos un pouco a vergoña a que nos escoite moita xente.


En resumo, despois de moito tempobuscando a empresa adecuada para a elaboración, contactamos con Samyl, que nos axudaron moito. O traballo en grupo foi moi bo e o pasamos ben elaborándoo.

jueves, 21 de enero de 2016

Reportaxe audiovisual

Boas tardes a todos!!! Despois de moito traballo, por fin temos rematado a nosa reportxe audiosual sobre a empresa Samyl S.L. Agardamos que vos guste!!!