viernes, 25 de noviembre de 2016

Sesión 2

Na sesión de hoxe o meu traballo foi moi bo: estiven aportando e aceptando propostas sobre os acontecementos relativos ao ciclo revolucionario de 1830 e anotándoas no ordenador. Busquei a información nas fontes máis fiables que atopei e no libro. Aínda así non tivemos tempo a rematalo. Xa na casa a páxina web non me deixou subir o documento como un Timeline, polo que só subín o cadro.

O ciclo revolucionario de 1830 (Timeline)

Aquí está o noso Timeline sobre o ciclo revolucionario de 1830. 

viernes, 18 de noviembre de 2016

Páxinas e recursos da Web fiables

Na clase de hoxe, buscamos información sobre os acontecementos relativos á Revolución Francesa de 1830. A páxina máis importante que empregamos foi

viernes, 11 de noviembre de 2016

Sesión 1

Na sesión de hoxe o meu traballo, como o dos demais membros do grupo, foi bo. Estiven propoñendo normas para o equipo e escoitando as propostas dos meus compañeiros. Escribín as entradas no meu blogue a medida que aprobabamos ou non as normas, os cargos e as funcións. Ao final escribín este diario de sesións rapidamente para deixarlle o ordenador aos demais.

Plan de equipo

Cada persoa deberá facer o traballo que se lle asigne na clase. Se non remata na sesión, os demais membros/as do grupo xulgarán se estivo traballando ou non: se estivo traballando, o traballo será rematado cada vez por un/unha membro/a do grupo, pero se non traballou na clase terá que rematalo el/ela na casa. As partes que non sexan realizadas quedarán en branco e co nome da persoa que non o fixo.

Caderno de Equipo

Cargos e funcións

Coordinador: Miguel Alonso, encargarase de organizar e repartir o traballo e supervisar que todo o traballo se fai ao día.
Axudante: Diego Pardo, axudará a todos os cargos do grupo e substituirá aos demais na súa ausencia.
Motivadora: Alejandra Miranda, encargarase de motivar a tódolos membros do grupo e revisar o traballo realizado polos meus compañeiros.
Mediadora: Mª del Pilar Barros, terá como función que non haia problemas entre os integrantes do grupo e se os fai resolvelos de forma asertiva.


Normas do equipo

1. Respétanse as opinións de tódolos membros do grupo.
2. Non poden falar dúas persoas á vez.
3. Non molestar ás persoas dos outros grupos.
4. Traballar cada un a parte que se lle asigna.
5. Respectar os cargos dos compañeiros do grupo e as súas funcións.