viernes, 25 de noviembre de 2016

Sesión 2

Na sesión de hoxe o meu traballo foi moi bo: estiven aportando e aceptando propostas sobre os acontecementos relativos ao ciclo revolucionario de 1830 e anotándoas no ordenador. Busquei a información nas fontes máis fiables que atopei e no libro. Aínda así non tivemos tempo a rematalo. Xa na casa a páxina web non me deixou subir o documento como un Timeline, polo que só subín o cadro.

O ciclo revolucionario de 1830 (Timeline)

Aquí está o noso Timeline sobre o ciclo revolucionario de 1830. 

viernes, 18 de noviembre de 2016

Páxinas e recursos da Web fiables

Na clase de hoxe, buscamos información sobre os acontecementos relativos á Revolución Francesa de 1830. A páxina máis importante que empregamos foi

viernes, 11 de noviembre de 2016

Sesión 1

Na sesión de hoxe o meu traballo, como o dos demais membros do grupo, foi bo. Estiven propoñendo normas para o equipo e escoitando as propostas dos meus compañeiros. Escribín as entradas no meu blogue a medida que aprobabamos ou non as normas, os cargos e as funcións. Ao final escribín este diario de sesións rapidamente para deixarlle o ordenador aos demais.

Plan de equipo

Cada persoa deberá facer o traballo que se lle asigne na clase. Se non remata na sesión, os demais membros/as do grupo xulgarán se estivo traballando ou non: se estivo traballando, o traballo será rematado cada vez por un/unha membro/a do grupo, pero se non traballou na clase terá que rematalo el/ela na casa. As partes que non sexan realizadas quedarán en branco e co nome da persoa que non o fixo.

Caderno de Equipo

Cargos e funcións

Coordinador: Miguel Alonso, encargarase de organizar e repartir o traballo e supervisar que todo o traballo se fai ao día.
Axudante: Diego Pardo, axudará a todos os cargos do grupo e substituirá aos demais na súa ausencia.
Motivadora: Alejandra Miranda, encargarase de motivar a tódolos membros do grupo e revisar o traballo realizado polos meus compañeiros.
Mediadora: Mª del Pilar Barros, terá como función que non haia problemas entre os integrantes do grupo e se os fai resolvelos de forma asertiva.


Normas do equipo

1. Respétanse as opinións de tódolos membros do grupo.
2. Non poden falar dúas persoas á vez.
3. Non molestar ás persoas dos outros grupos.
4. Traballar cada un a parte que se lle asigna.
5. Respectar os cargos dos compañeiros do grupo e as súas funcións.

viernes, 28 de octubre de 2016

República

República

A república é unha forma de goberno dun Estado no cal o xefe de Estado (máxima autoridad) é elixido nuns comicios para que goberne durante un período determinado de tempo, ata que se celebren as próximas eleccións e, polo tanto, non existe un rei con cargo vitalicio e herditario, senón un presidente da república. Este pode ser elixido directamente nos comicios ou polo Parlamento, sendo neste caso elixidos polo pobo os representantes neste órgano lexislativo. Aínda que a maioría dos Estados cuxo goberno é unha república son democráticos, non todos o son e por iso non deben confundirse estes dous termos.

Non se sabe con seguridade cal foi a primeira república da historia. Tradicionalmente se considera que foi Roma, no ano 509 a.C., pero algúns expertos consideran que a que foi a pioneira en realidade foi a Confederación de Tribus Hebreas que existiu en Israel miles de anos atrás, que se organizou mediante a república entres os séculos XV e X a.C. Máis tarde, a maioría de polis gregas tamén empregaron esta forma de goberno.
A república non tivo practicamente importancia durante a Idade Media, e non sería ata o final da Idade Moderna cando se volvería a popularizar. Os Estados Unidos e Francia, coas súas respectivas revoluciones, foron os primeiros Estados actuais en establecer a república como forma de goberno.

Na actualidade, a maioría de Estados do mundo teñen como goberno un sistema republicano. Neste mapa podemos observar unha comparación entre os países republicanos, coloreados segundo o tipo de república e os monárquicos, en gris.


Resultado de imagen de mapa republicas en el mundo 


ACTA CONSTITUCIONAL

 De la República
 Artículo 1º. La República Francesa es una e indivisible.

De la Distribución del Pueblo
Artículo 2. El pueblo francés se distribuye, para el ejercicio de su soberanía, en asambleas primarias de cantones.

De la Soberanía del Pueblo
 Artículo 7. El pueblo soberano es la universalidad de los ciudadanos franceses.
 Artículo 8. Nombra a sus diputados de forma directa.
Artículo 10. Delibera sobre las leyes. 

De la Representación Nacional
Artículo 32. El pueblo francés se reúne todos los años, el primero de mayo, para las elecciones. 

Natureza do texto: xurídico
Tipo de fonte: primaria
Cronoloxía e localización espacial: ano 1793. Francia
Contexto histórico: a Revolución Francesa estalara catro anos antes coa Toma da Bastilla e Francia se atopaba nun estado de anarquía. Dous anos antes entrara en vigor a primeira Constitución francesa, que limitaba o poder real, pero en 1792 o pobo asoltou o palacio das Tullerías, sede da Asemblea lexislativa e o rei Luis XVI foi expulsado do poder e posteriormente executado. Tamén se produciu a execución da raíña María Antonieta. Entón proclamouse a República, pero as revolucións liberais das clases baixas continuarían. Finalmente redactouse esta Constitución e a Declaración dos dereitos do home e do cidadán.
Autoría: Asemblea francesa
Destinatario: pobo francés
Tema: o tema deste fragmento é o aumento dos dereitos dos cidadáns, que obtiñan a soberanía do Estado mediante o dereito a nomear aos seus deputados e a declaración dunha República indivisible segundo estaba reflectido na nova Constitución. O desexo de dereitos e liberdades do pobo era finalmente satisfeito co seu dereito á soberanía e como éste pediu, a figura do monarca quedaba totalmente fóra do poder.


Fontes

Para a elaboración deste documento empreguei diversas páxinas web das que extraín a información:
Da páxina http://definicion.de/republica/ obtiven a definición de república.
Do sitio web https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica saquei a información para aclarar a diferenza entre réxime republicano e democrático.
Useu o recurso TIC https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica_romana para saber o ano de establecemento da república romana.
O sitio web http://joselc.wanadooadsl.net/historia.htm aportoume información sobre cal foi segundo algúns expertos o primeiro Estado republicano da historia.
Coa páxina https://www.ecured.cu/Rep%C3%BAblica contrastei que os datos da páxina anterior eran verídicos.
Obtiven a fotografía comparativa da monarquía e a república no mundo da páxina http://garofanogeografia.blogspot.com.es/p/tema-10-la-organizacion-politica-el.html
O sitio web http://www.ieslasmusas.org/geohistoria/constiticionfrancesa1793.pdf aportoume a Constitución francesa de 1793, da que obtiven os aspectos máis importantes relacionados coa república.

O recurso http://www.cronotecagenealogica.com/cronologia_rf.html serviume para situar a Constitución de 1793 nun contexto histórico determinado. Tamén me axudei da páxina https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_francesa#Asamblea_Constituyente_.281789-1791.29





martes, 14 de junio de 2016

Diario de Sesións: Sesión 5

Hoxe demos os últimos retoques ao noso traballo: mentres André e Antía elaboraban as intuccións para o noso xogo, Raúl seguiu programando o produto final, aínda que non puido rematalo e tivo que gacelo na casa. Eu envieille os documentos xeográficos a Raúl e fixen as capturas de pantalla necesarias para xuntar varios documentos, ademais de adaptar o cuestionario dos da outra clase porque o noso xogo estaba pensado para ser tipo test.

jueves, 9 de junio de 2016

As instruccións do noso xogo

O que tedes que facer para xogar ao noso xogo é:


  1. Entrar na plataforma virtual Scratch.
  2. Entrar no xogo:https://scratch.mit.edu/projects/113492208/ , con 20 preguntas, e cando rematedes poñede https://scratch.mit.edu/projects/109306602/ coas outras 20.
  3. Ao entrar, un león vos presentará unha serie de preguntas tipo test sobre África onde se vos darán varias opcións (só unha é certa).
  4. Tedes que clicar no león para observar o documento xeográfico que amosa a resposta (non o fagades excepto que esteades totalmente desorientados porque facilita moita a resposta).
  5. Para cambiar de documento xeográfico, pulsade a tecla espacio.
  6. Tedes que contar vós mesmos a puntuación sabendo que cada acerto aporta 1 punto e cada erro 0 puntos (un total de 40 puntos posibles).
  7. Ao final, se vos felicitará por completar o xogo

jueves, 2 de junio de 2016

Diario de Sesións: Sesión 4

Hoxe estivemos rematando de corrixir as preguntas do grupo da outra clase. Como non tiñan os documentos xeográficos tivemos que buscalos nós, polo que perdimos moito tempo. Teremos que rematalo na casa. André, Raúl e mais eu repartímonos as preguntas para buscar os documentos e Antía non estivo na clase.

viernes, 27 de mayo de 2016

As nosas preguntas corrixidas

Hoxe subimos as nosas 20 preguntas xa corrixidas. Tivemos un problema co Scribd que desordea algunhas imaxes e texto...

jueves, 26 de mayo de 2016

Diario de Sesións: Sesión 3

Hoxe corriximos as preguntas que elaboraramos e escollemos as mellores para o xogo (fixemos de máis). Raúl buscou os documentos xeográficos para as súas porque non puidera buscalos antes e Miguel e André foron corrixindo as demais e escribindo algunhas novas. Antía, que non veu, non fixo as preguntas que se lle asignaran na clase anterior. Acordamos que cada un ía corrixir algunhas das preguntas da outra clase.

jueves, 19 de mayo de 2016

Diario de aprendizaxe: Sesión 2

Hoxe aprendín a formular preguntas empregando documentos xeográficos e algúns datos sobre a poboación activa por sectores económicos de algúns países de África, así como que todos os países do continente pertencen á UA excepto Marrocos.

Diario de Sesións: Sesión 2

Hoxe seguimos elaborando o noso xogo en Scratch. Raúl seguiu configurando o programa para poder facer un xogo de preguntas tipo test con tres opcións, Miguel e André empezamos a elaborar preguntas sobre a poboación activa empregada por sectores económicos e outras máis xerais. Antía comezou axudándonos pero logo empezou a escribir as preguntas sobre as definicións de indicadores económicos. Acordamos que cada quen fixera na casa as máximas preguntas posibles porque temos que telo rematado para a semana que vén. Todos traballamos.

Diario de aprendizaxe: Sesión 1

Hoxe, como tiñamos que organizarmos para comezar a traballar, non aprendín moitos conceptos novos. Aprendín un pouco a usar Scratch observando o que facía Raúl e tamén aprendín un pouco botándolles unha ollada aos traballos dos países de África do grupo da outra clase.

Diario de sesións: Sesión 1

Hoxe comezamos a elaborar o xogo con preguntas sobre África. Decidimos que o vamos facer empregando a plataforma Scratch, xa que nos permitía gran variedade de deseños. Como Raúl era o que máis controlaba este programa, decidimos que sería el o que comezaría configurando o xogo mentres que os demais comezabamos a investigar sobre as preguntas e repartiamos os cargos de cada membro do grupo. O traballo foi bo. 

Plan de Equipo

IDEAS:
-Elaborar un xogo de preguntas e respostas na plataforma virtual Scratch.

ORGANIZACIÓN:
-Cinco preguntas de cada país que traballamos no grupo.
-20 preguntas sobre os países da outra clase e de África en xeral

DESEÑO:
-Xogo dixital tipo test.
-Tres opcións por pregunta


Cordinación:

- Coordinador: Raúl
- Ayudante: André A.
- Motivador: Miguel
- Mediadora: Antía

viernes, 19 de febrero de 2016

O turismo en España e Galicia

Aquí tendes unha vídeo reportaxe feita por min sobre o turismo en España e Galicia. Agardo que vos guste :)


 

jueves, 28 de enero de 2016

Exposición do proxecto

Neste proxecto visitamos a empresa de limpeza e mantemento Samyl, que despois de semanas buscando empresas que coidaran o medio natural e quixeran colaborar connosco nos dixeron que podiamos visitalos. Buscaramos xa moita información de Galisol e Pansogal e xa tiñamos elaborado o texto cos datos da investigación sobre elas, pero finalmente non acadamos visitalos porque uns estaban moi ocupados e outros nos dixeron que crían que non eran a empresa máis adecuada.

Entre as tarefas que levei a cabo do noso proxecto están unha parte da investigación, o contacto coa empresa Samyl, unha parte da voz da vídeo reportaxe e gran parte da redacción da reportaxe escrita. Xunto aos meus compañeiros tamén elaborei documentos gráficos sobre a empresa que incluímos nas reportaxes.

Na visita á empresa, fomos atendidos por unha muller moi amabél e disposta a axudarnos. Respostou ás empresas o mellor que puido aínda que non tivo resposta para todas, xa que non é a directora senón a encargada principal da empresa en Vigo. O tempo que tardamos en atopar unha empresa que se axustara ao proxecto pagou a pena ao final.

O traballo en equipo no noso grupo foi bo durante todo o trimestre. Aínda que en algunhas sesións no cole alguén se despistaba un pouco no traballo, todas as veces que quedamos para traballar fóra do aula traballamos moi ben e en equipo. Reunímonos todos xuntos e ninguén se escaqueou en ningún momento. Ademais, non houbo ningunha discusión, coma adoita haber nos grupos cooperativos.

Durante o proxecto aprendían a falar por teléfono con persoas descoñecidas sen ter vergoña e a pensar rapidamente o que tiña que dicir cando me contaban algo que non esperaba. Tamén aprendín a elaborar documentos propios e un pouco de edición de vídeo.

O máis difícil que atopamos no proxecto foi poder contactar cunha empresa que quixera colaborar connosco e que cumprira os requisitos mínimos. Tampouco foi doado editar o vídeo de xeito que as imaxes se corresponderan coa voz, xa que sempre que o intentabamos moviamos sen querer o audio e tiñamos que volver a empezar.

O máis fácil foi o traballo en grupo, xa que non houbo discusións nin broncas.

Se tivese que repetir o proxecto propoñería que xa nos deron a empresa sobre a que elaboralo para non perder tanto tempo en atopala.

Non cambiaría que teñamos que levar a cabo dúas reportaxes (escrita e oral), xa que así perdemos un pouco a vergoña a que nos escoite moita xente.


En resumo, despois de moito tempobuscando a empresa adecuada para a elaboración, contactamos con Samyl, que nos axudaron moito. O traballo en grupo foi moi bo e o pasamos ben elaborándoo.

jueves, 21 de enero de 2016

Reportaxe audiovisual

Boas tardes a todos!!! Despois de moito traballo, por fin temos rematado a nosa reportxe audiosual sobre a empresa Samyl S.L. Agardamos que vos guste!!!