Para elaborar o noso proxecto, vamos contactar con dúas empresas das que agardamos a súa colaboración: Galisol e Pansogal.
CORREO PARA GALISOL
Bos días, empresa Galisol:
Somos un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio Salesianos
María Auxiliadora de Vigo.
Para a asignatura de Ciencias Sociais e Lingua Galega, estamos elaborando
un proxecto que consiste en que debemos visitar unha empresa que sexa
respectuosa co medio ambiente, ou que realice algunha acción por conservalo.
Pensamos que podemos escoller a súa empresa porque fabrican máquinas que
obteñen enerxía renovable e limpa. Cremos que a súa labor é moi acertada e
importante, xa que coidadan moito do medio ambiente e sen xente coma vostedes
sería imposible obter enerxía renovable.
Por iso pareceríanos interesante centrar o noso proxecto na vosa empresa e
gustaríanos que colaboraredes connosco, concretando un día para levar a cabo a
visita.
Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha
rápida resposta.
Un saúdo
CORREO PARA PANSOGAL
Bos días, empresa Pansogal:
Somos un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio
Salesianos María Auxiliadora de Vigo.
Para a asignatura de Ciencias Sociais, estamos elaborando un
proxecto que consiste en que debemos visitar unha empresa que sexa respectuosa
co medio ambiente, ou que realice algunha acción por conservalo.
Cremos que a súa sería unha boa empresa coa que contactar, xa que
fabrican máquinas para a obtención de enerxía renovable. Ademais, abastecen as
súas instalacións tamén con enerxía limpa, deste xeito non contaminan o medio
ambiente e colaboran para a súa conservación.
Por iso pareceríanos interesante centrar o noso proxecto na súa
empresa e gustaríanos que colaboraran connosco, concretando un día para levar a
cabo a visita.
Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha
rápida resposta.
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario