viernes, 28 de octubre de 2016

República

República

A república é unha forma de goberno dun Estado no cal o xefe de Estado (máxima autoridad) é elixido nuns comicios para que goberne durante un período determinado de tempo, ata que se celebren as próximas eleccións e, polo tanto, non existe un rei con cargo vitalicio e herditario, senón un presidente da república. Este pode ser elixido directamente nos comicios ou polo Parlamento, sendo neste caso elixidos polo pobo os representantes neste órgano lexislativo. Aínda que a maioría dos Estados cuxo goberno é unha república son democráticos, non todos o son e por iso non deben confundirse estes dous termos.

Non se sabe con seguridade cal foi a primeira república da historia. Tradicionalmente se considera que foi Roma, no ano 509 a.C., pero algúns expertos consideran que a que foi a pioneira en realidade foi a Confederación de Tribus Hebreas que existiu en Israel miles de anos atrás, que se organizou mediante a república entres os séculos XV e X a.C. Máis tarde, a maioría de polis gregas tamén empregaron esta forma de goberno.
A república non tivo practicamente importancia durante a Idade Media, e non sería ata o final da Idade Moderna cando se volvería a popularizar. Os Estados Unidos e Francia, coas súas respectivas revoluciones, foron os primeiros Estados actuais en establecer a república como forma de goberno.

Na actualidade, a maioría de Estados do mundo teñen como goberno un sistema republicano. Neste mapa podemos observar unha comparación entre os países republicanos, coloreados segundo o tipo de república e os monárquicos, en gris.


Resultado de imagen de mapa republicas en el mundo 


ACTA CONSTITUCIONAL

 De la República
 Artículo 1º. La República Francesa es una e indivisible.

De la Distribución del Pueblo
Artículo 2. El pueblo francés se distribuye, para el ejercicio de su soberanía, en asambleas primarias de cantones.

De la Soberanía del Pueblo
 Artículo 7. El pueblo soberano es la universalidad de los ciudadanos franceses.
 Artículo 8. Nombra a sus diputados de forma directa.
Artículo 10. Delibera sobre las leyes. 

De la Representación Nacional
Artículo 32. El pueblo francés se reúne todos los años, el primero de mayo, para las elecciones. 

Natureza do texto: xurídico
Tipo de fonte: primaria
Cronoloxía e localización espacial: ano 1793. Francia
Contexto histórico: a Revolución Francesa estalara catro anos antes coa Toma da Bastilla e Francia se atopaba nun estado de anarquía. Dous anos antes entrara en vigor a primeira Constitución francesa, que limitaba o poder real, pero en 1792 o pobo asoltou o palacio das Tullerías, sede da Asemblea lexislativa e o rei Luis XVI foi expulsado do poder e posteriormente executado. Tamén se produciu a execución da raíña María Antonieta. Entón proclamouse a República, pero as revolucións liberais das clases baixas continuarían. Finalmente redactouse esta Constitución e a Declaración dos dereitos do home e do cidadán.
Autoría: Asemblea francesa
Destinatario: pobo francés
Tema: o tema deste fragmento é o aumento dos dereitos dos cidadáns, que obtiñan a soberanía do Estado mediante o dereito a nomear aos seus deputados e a declaración dunha República indivisible segundo estaba reflectido na nova Constitución. O desexo de dereitos e liberdades do pobo era finalmente satisfeito co seu dereito á soberanía e como éste pediu, a figura do monarca quedaba totalmente fóra do poder.


Fontes

Para a elaboración deste documento empreguei diversas páxinas web das que extraín a información:
Da páxina http://definicion.de/republica/ obtiven a definición de república.
Do sitio web https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica saquei a información para aclarar a diferenza entre réxime republicano e democrático.
Useu o recurso TIC https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica_romana para saber o ano de establecemento da república romana.
O sitio web http://joselc.wanadooadsl.net/historia.htm aportoume información sobre cal foi segundo algúns expertos o primeiro Estado republicano da historia.
Coa páxina https://www.ecured.cu/Rep%C3%BAblica contrastei que os datos da páxina anterior eran verídicos.
Obtiven a fotografía comparativa da monarquía e a república no mundo da páxina http://garofanogeografia.blogspot.com.es/p/tema-10-la-organizacion-politica-el.html
O sitio web http://www.ieslasmusas.org/geohistoria/constiticionfrancesa1793.pdf aportoume a Constitución francesa de 1793, da que obtiven os aspectos máis importantes relacionados coa república.

O recurso http://www.cronotecagenealogica.com/cronologia_rf.html serviume para situar a Constitución de 1793 nun contexto histórico determinado. Tamén me axudei da páxina https://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_francesa#Asamblea_Constituyente_.281789-1791.29