jueves, 19 de mayo de 2016

Diario de Sesións: Sesión 2

Hoxe seguimos elaborando o noso xogo en Scratch. Raúl seguiu configurando o programa para poder facer un xogo de preguntas tipo test con tres opcións, Miguel e André empezamos a elaborar preguntas sobre a poboación activa empregada por sectores económicos e outras máis xerais. Antía comezou axudándonos pero logo empezou a escribir as preguntas sobre as definicións de indicadores económicos. Acordamos que cada quen fixera na casa as máximas preguntas posibles porque temos que telo rematado para a semana que vén. Todos traballamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario